martes, 22 de noviembre de 2011

TESEO E O MINOTAURO


Título: Teseo e o Minotauro.
Autor: Anne - Catherine, Vivet - Rémy.
Editorial: Akal


Teseo decide darlle morte ó Minotauro, monstro con cabeza de touro e corpo de home. O Rei Minos ordena enviar dende Atenas a rapaces e rapazas para ser comidos polo monstro. Teso logra darlle morte coa axuda de Ariadna, que lle proporcionou un fío para que puidese saír do labirinto dónde estaba encerrado o Minotauro, (construcción de Dédalo).
Cando Teseo regresa a Atenas, seu pai Exeo suiciídase tirándose ó mar ó pensar que o seu fillo morreu.
Este libro tamén conta a historia de Dédalo e Ícaro, o secuestro dunha amazona, o rapto de Helena, a historia de Teseo e Pirítoo cando baixan ós infernos e cando acollen a Edipo.

Pareceume un libro moi interesante, xa que a mitoloxía gústame moito. Ademais, coincide con moitas das historias dadas na clase. Teseo pareceume moi valente xa que sempre quería vivir novas aventuras. Sen dúbida, recomendaría este libro porque foi moi ameno.

IRIA BRAÑA 1º A BAC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario