-Título: mitos e lendas da vella Grecia.
-Autor: Anisia Miranda
-Adaptación: narrativa para nenos
-Editorial:Ediciós do castro
Que lin? As divinidades do olimpo, que explica de donde era cada deus e que facía cada un; e tamén leín as lendas de cada un.
Resumo da lenda de "O loureiro do triunfo"
Un día Apolo atreveuse a rirse de Eros, Cupido, que estaba practicando co seu arco. Ao sentirse humillado polo deus arrogante, decidiu darlle unha lección. Cando Apolo estaba na caza, viu ao lonxe unha nova e preciosa ninfa chamada Daphne.
Eros aproveitou e disparou dúas frechas. O tiro de Apolo era de ouro, o que produciu un amor apaixonado. Sin embargo o de Dafne foi un tiro de chumbo, o efecto foi todo o contrario: sentir odio e noxo ao deus que estaba namorado dela.
Apolo quixo seguir a Daphne a onde fose para conquistar o seu amor, pero Dafne, baixo a influencia da frecha de chumbo, fuxía como podía. Chegando ao Río, Daphne tan cansa de fuxir de Apolo, pediulle axuda ao seu pai, o deus do río. Este, tendo compaixón pola súa filla, decidiu facer o único que podería salvala, transformala nun loureiro.
Cando Apollo a alcanzou, viu como os membros da súa amada foron quedando ríxidos, os pés crearon raíces e a súa cabeza se fixo unha fermosa árbore.
El, afectado polo que acontecera e pensando todo o que a amaba, prometeu que sería a súa árbore. Así, converteuse no seu símbolo de trunfo e vitoria.
Valoración persoal. Persoalmente este libro gustoume xa que nos explica e nos conta cada lenda de tal maneira que se entenda. Tamén nos explica todos os deuses que houbo e o que fixo cada un.
Cynthia Martín Fraga 1º A BAC
No hay comentarios:
Publicar un comentario