domingo, 28 de enero de 2018
jueves, 25 de enero de 2018
Argumento da Eneida
Eneas foxe de Troia cando a cidade é tomada polo exército aqueo. Van con el o seu pai Anquises e o seu fillo Ascanio ou Iulo. Ante a confusión da fuga Eneas perde a súa muller Creúsa, polo que regresa e a chama entre as ruínas da cidade. Creusa preséntase en forma de aparición e pídelle que non verta máis bágoas por ela, xa que o destino lle ten asignada outra consorte de sangue real.
Xuno, esposa de Xúpiter, rencorosa aínda con toda a estirpe troiana, trata de desviar a frota de sobreviventes do seu destino inevitable: Italia.
As
peregrinacións de Eneas duran sete anos, ata que é acollido no
reino de Cartago, gobernado por Dido . Venus e Cupido
fan que Dido se namore perdidamente de Eneas e, tras a partida deste
por orde de Xúpiter, quítase a vida. Maldice antes a toda a estirpe
vindeira de Eneas e clama polo xurdimento dun heroe vengador: desta
forma, créase o cadro que xustifica míticamente a eterna inimizade
entre dous pobos irmáns, o de Cartago e o de Roma, que conduciría
ás guerras púnicas.
De
camiño a Italia, a Eneas aparéceselle a alma do seu pai Anquises e
pídelle que vaia a velo ao Averno: Eneas cede e, acompañado
da Sibila de Cumas, percorre os reinos de Plutón. Anquises
móstralle toda a gloria e a pompa da súa futura estirpe: os
romanos.
Chegados por fin os troianos a
Italia, o rei Latino recíbeos pacíficamente e, lembrando que
unha antiga profecía dicía que a súa filla Lavinia casaría cun
estranxeiro, decide aliarse con Eneas e darlle a Lavinia por esposa.
domingo, 21 de enero de 2018
domingo, 14 de enero de 2018
14. Enigma grego e latino 2017-2018.
Lanzaranse a buscar as portas do Inferno, a localizar o río que o separa do mundo dos vivos, a tremer ante a tenebrosa lagoa subterránea, a coñecer un can gardián de tres cabezas, a alma dun rei decapitado ...
Identifica o nome destes lugares ou personaxes que figuran marcados no texto
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres.
sábado, 13 de enero de 2018
As nosas nornas
“As nosas normas” é o título da
última actividade relacionada cos textos instrutivos que traballamos en Lingua
Galega nos grupos de 1º ESO.
Conversamos na aula sobre a
necesidade de propoñer e consensuar unha serie de consellos ou normas para
evitar conflitos ou ben, unha vez xerados, para resolvelos sen pelexar.
O alumnado organizouse en grupos
pequenos que elaboraron as súas propostas. Nunha segunda fase puxéronse en
común todas as aportacións para, finalmente, escolleren como normas comúns aquelas que contaron cun apoio unánime.
Un mural en cada aula recolle o
resultado da actividade.
domingo, 7 de enero de 2018
13. Enigma grego 2017-18
Que problema ten quen padeza aracnodactilia?
Que famoso violinista a tiña?
Que outros termos galegos veñen da raiz grega dáctilos?
Envía a túa resposta antes da clase do xoves a gregofoz@gmail.com.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)