viernes, 13 de abril de 2018

GUIÓN NOTICIAS GRECIA-ROMA: RADIO


NOTICIAS

ATENAS: “SE BUSCA”

-Sócrates falta da súa casa dende fai 2 días.
-A súa muller, Xantipa, búscao desesperadamente. A última vez que o viron estaba nun banquete na casa de Agatón, e non soubo máis del.
-Tede en conta que Xantipa ten moito carácter. Tamén facede alusión aos fillos que tiñan, que eran 3 e non saben nada do seu pai.
-Posibles sons: choros, berridos de nenos de fondo…

 
ROMA: “OS VIGILES URBANI RECIBEN UN RECOÑECEMENTO PÚBLICO POLA EXTINCIÓN DUN GRAN INCENDIO”

-Os vigiles urbani logran extinguir un gran incendio grazas ás novas bombas de auga (sipho, siphona…) e artiluxios contra incendios que empregaron.
-Trátase de identificar e localizar ao(s) causantes deste gran incendio.
-Podedes inventar o motivo que levou a alguén a incendiar algún edificio público (o circo, un teatro, unhas termas, un templo…).

No hay comentarios:

Publicar un comentario