viernes, 13 de abril de 2018

Guión radiofónico. Roma.


Patricio: Salutem plurimam! Nomen mihi est _____ . Perdón, xa sei que non falades esta lingua! Saúdos a todos! Chámome ______ . Hoxe estou no Foro de Roma a espera de que abran o Senado para escoitar a Cicerón, o mellor orador de Roma. Acompáñame o meu escravo ______, saúda, escravo!

Escravo: (preséntase nunha lingua incomprensible). [O patricio dálle unha labazada]

Patricio: Fala en latín como Xúpiter manda, escravo!!!

Escravo: Chámome _______, son escravo de ______. (Facendo a pelota:) Teño moita sorte de ter un amo tan amable e comprensivo, que nunca me dá labazadas… Vivo como un rei, pero debo recoñecer que o que máis desexo no mundo é a miña liberdade.

Patricio: Iso nin o soñes, por Hermes!

Escravo: Pois xa teño reúnidos 500 sestercios para comprar a miña liberdade!

Patricio: Bueno, iso xa se verá! Cando chegues ós 30 anos xa falaremos…

Escravo: A verdade é que non vivo tan mal nunha cidade tan interesante e grande como Roma, sempre teño algo que facer. O que máis me gusta é que o amo me mande ó mercado, así podo facer o que me pete! Dos cartos que me dá, vou gardando 1 sestercio cada día para min!

Muller: Que facedes ahí parados, por Xuno?! Non tedes nada que facer?! Eu sempre a traballar e a organizar a casa e vós de leria! Escravo! Vai mercar as verduras para hoxe! E coidadiño con roubarme nada do que che din, teño os sestercios contados! E ti (ó home), pasa para o Senado, que aínda has chegar tarde! (óese o comezo das Catilinarias de Cicerón). Ves, paspán, xa chegas tarde!

Patricio: Si, si, o que mandes… xa vou!

Podedes engadir: a que se dedica o patricio, onde vive (domus, insula, villa), canta xente hai na familia (fillos, escravos), que fai a muller (labores da casa, fiando lá…), que a muller vaia co escravo mercar teas para facer unha toga nova para o seu amo (a que ten está xa moi vella e gastada.

Comezo da Catilinaria I de Cicerón: Quo usque tandem abutere, Catilina,patientia nostra quam diu etiam furor iste tuus nos eludet? quem ad finem sese effrenata iactabit
audacia? Nihilne te nocturnum praesidium Palati, nihil urbis vigiliae, nihil timor populi, nihil concursus bonorum omnium, nihil hic munitissimus habendi se natus locus, nihil horum ora voltusque moverunt? (...) O tempora, o mores! Senatus haec intellegit.

No hay comentarios:

Publicar un comentario