lunes, 9 de abril de 2018

Guión radiofónico. Modelo.


MÚSICA. NOME DA CADEA DE RADIO. NOME DO PROGRAMA (E TÍ QUEN VES SENDO?) no que entrevistaremos a persoaxes de actualidade neste ano do 453 a. C., para que nos entendades.
PRESENTADOR – Bos días. O meu nome é XXX, son un celta que vivo en XXX , coa axuda de (deus) vou entrevistar a estes dous gregos, que din que son a xente máis avanzada do mundo nestes momentos. Trátase dun ateniense e dun espartano coas súas familias respectivas. (SON: UNHA PRAZA CHEA DE XENTE) Trasladámonos a continuación á ágora de Atenas, a praza pública onde os atenienses falan das súas cousas. Bos días , señor ….
ATENIENSE - Geia sas, legome XXXX. (Toses) Perdón estou a falar en grego, no dialecto ático e sei que non todos entendedes a miña lingua. Eu son XXX, fillo de XXX, cidadán ateniense do demo de XXX. O demo ven sendo algo así coma o barrio no que vivo. Estou casado con XXXX e teño dous fillos, XXX e XXX. Adoro ao teatro, especialmente as obras de Sófocles - por certo, o outro días estreouse a súa última traxedia, con moito sangue, moi impresionante -, e non me gustan nada os espartanos, son zafios e brutáns e comen cousas que dan noxo. Teño unha boa posición económica, son aficionado á oratoria - xa sabedes que os atenienses non podemos calar - e teño un negocio de escudos herdado do meu pai XXX que me renta 5000 minas ó ano (enrróllase un rato con asuntos varios e o presentador ten que intervir).
PRESENTADOR- Esta ben, cidadán XXX, xa vemos que é vostede un auténtico ateniense. Ten vostede a enfermidade da palabra. Cando empezan vostedes, non hai quen os pare …
ESCRAVO- É serto, tenme a cabesa coma una bombo. Non cala nin por Seus nin por Poseidón.
ATENIENSE- Cala, escravo, quen che pediu a túa opinión? Disculpe, por Hermes, ten vostede razón, é que eu son orador, como xa lle dixen antes, e en canto vexo un micrófono, éntrame un ataque de verborrea e non hai quen me pare. O meu pai, que Plutón o garde, tamén tiña ese mesmo defecto. Nunha ocasión….
PRESENTADOR Gracias, señor XXX. SON: RUIDO DE ARMAS Trasladámonos agora ata Esparta para saudar ó noso seguinte invitado. Bos días ...
ESPARTANO. Bos días. (Silencio, SON)
PRESENTADOR.- Faga o favor de presentarse ante o noso auditorio.
ESPARTANO. Son XXX, espartano.
PRESENTADOR Vostedes Sempre tan comunicativos.
MULLER DO ESPARTANO. (Fala o que non fala o seu home, explica que alguén da súa familia foi ateniense, por iso é tan amiga de falar sen parar)

No hay comentarios:

Publicar un comentario