viernes, 6 de junio de 2014

Contrucción Romana. Anfiteatro.

Un anfiteatro é un lugar público  utilizado na civilización romana para espectáculos como loita de gladiadores, loita de animais etc . 

 Os máis antigos son o de Etruria e tamén Campaina, feitos no século II a.c. A súa forma e circular; no centro ten un territorio areoso onde se realiza o espectáculo, ainda que baixo esta parte podemos ver pasadizos, xaulas ...  e na cara  exterior a zona de asentos  para poder observar o que alí acontecía. Os asentos eran divididos según as dignidades: no inferior altos cargos e persoaxes importantes, na zona media a plebe e arriba as mulleres.

 Os anfiteatros estan feitos a base de formigón e pedras talladas; os elementos máis importantes da construción son as bóvedas, os arcos e por ultimo as columnas.

 Un dos anfiteatros máis importantes é o Coliseo de Roma, ainda que o nome real e Anfiteatro Flavio. O nome coñecido da construcción venlle dado pola xigantesca estatua que estaba  no exterior.


Noa López Teijeiro.4ºA.

Construcción romana. Panteón.


O panteón de Agripa  ou panteón romano é un templo  circular construido a comezos do imperio romano dedicado a todolos deuses. É coñecido  como “a rontonda” de aí o nome da praza na que reside. A súa cúpula xigantesca é todo un logro da arquitectura romana.

 Construido en tempo de Augusto ei reconstruido por Antonio Pío , en 608 donouse a igrexa. Foi o primeiro caso dun edificio pagano transformado nun cristiano e por esa razón foi o único edificio romano en quedar intacto en todos estos anos.
 O panteón é coñecido en todo o mundo e proba de eso é a súa aparición en numerosos xogos de prestíxio de consolas do día a día, como por exemplo o Assasins creed brotherhood un xogo revelación do mundo das video consolas.





Germán Ruiz (4ºA ESO)


Construccións romana. Fontes.


 A célebre Meta Sudans é unha fonte que está construida ó lado do Coliseo.

 Ten unha forma cilindrica e remata en forma de cono; o seu material é o formigón. Orixinalmente tiña 17 metros de altura, construida ó  redor dun estanque duns 16 metros de diámetro e 1,4 metros de profundidade. A auga saia polos lados do cono.

 Rematou sendo destruida por Mussolini para destacar o Coliseo, pero séguense a conservar os cimentos.

Ana López Rey 4º A



Construcción romana. Teatro


 Foi unha construcción típica do Imperio, difundida en todas as provincias, onde se representaban obras dramáticas, gregas e latinas.

Estrutura e partes:

 Os primeiros teatros foron construídos en madeira e adobe; estes eran destruidos despois da súa función prorque a lei non permitia ter teatros permanentes. Sin embargo no ano 55 a.C. construiuse o Teatro de Pompeya como un templo para evitar a lei.

 Scaenae frons(fronte escénico):  normalmente composto dun doble orde de columnas.
 Orchestra: semicírculo ou un pouco mais dun semicirculo frente á escena na que se sentaban as autoridades, actuaba o coro e alzábase un altar en honor a Dionisio.
 Aditus: corredores laterais de entrada á orchestra.
 Cavea: estrutura semicircular na que, según o rango social, se situaban os espectadores. Dividiase en ima cavea,media cavea e summa cavea, divididos por corredores horizontais (diazomata).  Divídese en sectores circulares (cunei).
Vomitoria: Entradas abovedadas polas que se accedía á cávea.
Proscaenium (proscenio): espazo diante da escea no que se desenvolvía a acción dramática.
Porticus post scaenam (pórtico detrás da escea): patio porticado con columnas detrás da escena.
                                                  Laura Pena González 4º A

Construcción romana. Templo.


 O templo romano era un lugar para e culto que se facía na antiga Roma aos deuses. Dende o estudo da arquitectura romana coñécese que este tipo de templo foi orixinario das ideas conxuntas entre os templos etruscos e os gregos, con planta rectangular.

 Unha parte importante dos templos era a cella que era unha habitación que contiña a imaxe que representa a deidade particular venerada nun templo. Ademais a cella podía ter unha mesa ou plinto para recibir ofrendas votivas. As ofrendas acumuladas fixeron dos templos romanos e gregos virtuais tesouros e moitos deles foron usados como tesouros públicos durante a antigüidade.

Fátima Novo Díaz.
4ºA.

Construcción romana. Calzadas.


  A calzada romana era un tipo de camiño para vertebrar o seu  Imperio.
  Esta rede viaria era utilizada polo exército na conquista de territorios e así grazas a ela podíanse movilizar  grandes efectivos con gran rapidez. Tamén serviu como tipo de difusión da cultura.

Rocío Jiménez Jacinto 4º A

lunes, 2 de junio de 2014

A peste de Atenas según Tucídides.





29 Enigma latino 2014.




 Para construccións tan impresionantes como esta bóveda, os romanos recurriron a un material novidoso e de prestacións incribles.

 Que material máxico tiña esas propiedades? De que estaba feito?
 A que famoso edificio pertence esta cúpula?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves (BAC) ou venres (ESO).

29. Enigma grego 2014.

A aracnodactilia é unha estraña enfermidade


Que dous termos gregos compoñen esta palabra?
Que famoso violinista padecía esta enfermidade?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves .

domingo, 1 de junio de 2014

martes, 27 de mayo de 2014

28. Enigma grego 2014.

 



Agora que acabamos de votar  propóñovos unha pregunta relacionada co asunto.

  Na Grecia antiga había un sistema de votación usado para enviar ó desterro a un rival político.

  1. Como se chama o sistema de votación e por que?
  2. . Busca unha imaxe.

Envía a túa resposta antes do xoves (BAC) ou venres (ESO) a gregofoz@gmail.com.

28. Enigma latino 2014.



CAPERVLA RVBRA
Mater
Caperula
Lupus
Duo venatores.
Avia
Que obra ten como protagonistas a estes actores?


Envía a tua resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves (BAC) ou venres (ESO).

lunes, 26 de mayo de 2014

jueves, 22 de mayo de 2014

QUOMODO TE HABES HODIE?


miércoles, 21 de mayo de 2014

TANGO COS PRONOMES GREGOS

lunes, 19 de mayo de 2014

LUGO ROMANO

domingo, 18 de mayo de 2014

MINA DE OURO EN FOZ





VIRIATO SEGÚN JOSÉ MOTA


YO CLAUDIO


viernes, 16 de mayo de 2014

27. Enigma grego 2014.



Detrás deste atribulado grego figura a súa bandeira. 

Que simbolizan as nove franxas de branco e azul?


Envía a túa resposta a gregofozgmail.com antes da clase do xoves.

27.Enigma latino 2014.





1. Pico de ave.

2.  m. Cousa en punta, parecida ó pico da ave.

3.  Cara

4.  m. Mar. Espolón da nave.

5.  m. desus. Frente dunha moldura.

6.  m. ant. Fuciño, boca.



Que palabra responde a todas estas acepcións?

Cal é a súa etimoloxía?


Envía a túa resposta a gregofozgmail.com antes da clase do xoves (BAC) ou venres (ESO).




miércoles, 14 de mayo de 2014

PASSOLINI. EDIPO REI.


lunes, 12 de mayo de 2014

Catulo e os celtíberos

Egnacio , por tener blancos los dientes, sonríe continuamente en todas
partes. Si se acerca al banquillo de un acusado, cuando el orador provoca el llanto, él
sonríe. Si hay lamentos junto a la pira de un buen hijo, cuando la madre, desolada, llora
a su único hijo, él sonríe. Sea lo que sea, dondequiera que sea, ocurra lo que ocurra,
sonríe: tiene esa enfermedad ni elegante, según creo, ni educada. Por eso, tengo el deber
de darte un consejo, buen Egnacio.
Si fueses de la Urbe, o sabino, o tiburtino, o un ahorrador umbro, o un obeso
etrusco, o un lanuvino moreno y de buenos dientes, o traspadano (para mentar también
a los míos , o quienquiera que sea que se lava los dientes aseadamente, ni aun así
querría yo que tú sonrieras continuamente en todas partes: pues no hay cosa más
estúpida que una risa estúpida. Pero, eres celtíbero: en tierra celtíbera, lo que cada cual
meó, con eso suele frotarse por la mañana los dientes y las rojas encías, de modo que,
cuanto más limpios están esos vuestros dientes, más cantidad de meado proclamarán
que tú has bebido.

GALICIA NOS TEXTOS CLASICOS


domingo, 11 de mayo de 2014

LUGO ROMANO

26.ENIGMA GREGO 2014.




Φιλάργυρος διαθήκας γράφων ἑαυτὸν κληρονόµον  ἔταξεν. 

Que dí o chiste grego?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves (1ª A) ou venres (4ª ESO).

26. ENIGMA LATINO 2014.


 Que curioso invento é este dos romanos?
Para que servía ?
En que lugar de Hispania se aplicou?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves (1ª A) ou venres (4ª ESO).

domingo, 4 de mayo de 2014

25. Enima latino 2014.



Foi o cabalo mellor tratado do mundo antigo, aínda que o seu dono era un tipo pouco recomendable. 
Como se chamaba o cabalo e a quen pertencía?
Que coidados lle prodigaba o seu amo?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.

25. Enigma grego 2014.




      Este can e este cabalo tan espectaculares non son nada comparados cos seus colegas da antigüidade grega. Buscaos!

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.

lunes, 28 de abril de 2014

24. Enigma latino 2014.





               Nesta super-piscina, a máis grande do mundo, podes compartir baño con 10.000 persoas. 

Na antigüidade había unha piscina cuberta, con auga quente, tépeda ou fría, na que podías confraternizar con outros 4.000 bañistas.

                       Onde están ou estaban estas piscinas? Como se chamaba a da antigüidade?

                                   Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do luns.

24. Enigma grego 2014.



Este teatro parece grande pero non é nada comparado con outro, máis antigo e de máis capacidade.

Cal é ese gran teatro? Onde estaba e que capacidade tiña?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do luns.

lunes, 21 de abril de 2014

23. Enigma grego 2014.






De que equipos e de que cidades son estes escudos?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.con antes da clase do xoves.

23. Enigma latino 2014.





Que é máis, ser mestre ou ser ministro? O latín ten a resposta.

Envía a solución ó enigma a gregofoz@gmail.con antes da clase do xoves (BAC) ou venres (ESO).








lunes, 14 de abril de 2014

GREGO 2º BAC. Textos para traducción voluntaria.

6.5.1] τὴν μὲν νύκτα οὕτω διήγαγον· ἅμα δὲ τῆι ἡμέραι οἱ στρατηγοὶ εἰς τὸ ἐρυμνὸν χωρίον ἡγοῦντο· οἱ δὲ εἵποντο ἀναλαβόντες τὰ ὅπλα καὶ τὰ σκεύη.


 δὲ Ἀγησίλαος ἐπεὶ ἀφίκετο ἅμα μετοπώρωι εἰς τὴν τοῦ Φαρναβάζου Φρυγίαν, τὴν μὲν χώραν ἔκαε καὶ ἐπόρθει, πόλεις δὲ τὰς μὲν βίαι, τὰς δ᾽ ἑκούσας προσελάμβανε.


Ὄντος δ᾽ αὐτοῦ ἐπὶ τῆι ἐμβολῆι ὁ ἥλιος μηνοειδὴς ἔδοξε φανῆναι, καὶ ἠγγέλθη ὅτι ἡττημένοι εἶεν Λακεδαιμόνιοι τῆι ναυμαχίαι καὶ ὁ ναύαρχος Πείσανδρος τεθναίη.

Latín. Traducción voluntaria para 2º BAC.

O primeiro texto é máis sinxelo. O segundo ten algumha dificultade, pero superable.
 Interea ad Hispanias, ubi occisis duobus Scipionibus nullus Romanus dux erat, P. Cornelius Scipio mittitur, filius P. Scipionis, qui ibidem bellum gesserat, annos natus quattuor et viginti, vir Romanorum omnium et sua aetate et posteriore tempore fere primus. Is Carthaginem Hispaniae capit, in qua omne aurum, argentum et belli apparatum Afri habebant, nobilissimos quoque obsides, quos ab Hispanis acceperant. Magonem etiam, fratrem Hannibalis, ibidem capit, quem Romam cum aliis mittit. Romae ingens laetitia post hunc nuntium fuit. Scipio Hispanorumn obsides parentibus reddidit; quare omnes fere Hispaniae uno animo ad eum transierunt. Post quae Hasdrubalem, Hannibalis fratrem, victum fugat et praedam maximam capit.

 Desperans Hannibal Hispanias contra Scipionem diutius posse retinere, fratrem suum Hasdrubalem ad Italiam cum omnibus copiis evocavit. Is veniens eodem itinere, quo etiam Hannibal venerat, a consulibus Ap. Claudio Nerone et M. Livio Salinatore apud Senam, Piceni civitatem, in insidias conpositas incidit. Strenue tamen pugnans occisus est; ingentes eius copiae captae aut interfectae sunt, magnum pondus auri atque argenti Romam relatum est. Post haec Hannibal diffidere iam de belli coepit eventu. Romanis ingens animus accessit; itaque et ipsi evocaverunt ex Hispania P. Cornelium Scipionem. Is Romam cum ingenti gloria venit.

LATÍN 2º BAC: LECTURA DE ORATORIA





Na imaxe tedes un enlace ó texto que hai que ler con calma e atención.

lunes, 7 de abril de 2014

22. Enigma latino 2014.




Na época do imperio romano viviu unha terrible asasina a soldo.


 Buscamos:



1. O nome deste funesto personaxe. (Pista: o seu nome latino significa langosta).
2. O método que empregaba para librarse das súas víctimas.
3. O nome do emperador ó que servía.



 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com  antes da clase do xoves (BAC) ou venres (ESO) a gregofoz@gmail.com.

22.Enigma grego 2014.




Unha comida típica de Grecia. Trátase dunha salsa que os gregos toman como aperitivo ou para acompañar a carne. Coa axuda da foto, busca o seu nome e a receta para facela.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves (BAC) ou venres (ESO) .

viernes, 4 de abril de 2014

Uns textos sinxelos de latín


M. Porcio Catone et Q. Marcio Rege consulibus, sexcentesimo tricesimo et tertio anno ab urbe condita Narbone in Gallia colonia deducta est annoque post a L. Caecilio Metello et Q. Mucio Scaevola consulibus de Dalmatia triumphatum est.

 Ab urbe condita anno sexcentesimo tricesimo quinto C. Cato consul Scordiscis intulit bellum ignominioseque pugnavit. C. Caecilio Metello et Cn. Carbone consulibus duo Metelli fratres eodem die, alterum ex Sardinia, alterum ex Thracia, triumphum egerunt, nuntiatumque Romae est Cimbros e Gallia in Italiam transisse. 

lunes, 31 de marzo de 2014

21. Enigma grego 2014.




Na psiquiatría existe un síndrome denominado complexo de Casandra. 

1. Explica en que consiste e por que razón leva este nome.
2. O personaxe da imaxe dedicábase ó mesmo que Casandra e, como ves, tivo serios problemas. Por que?

Envía a túa resposta antes da clase do xoves (BAC) ou venres (ESO) a gregofoz@gmail.com.

21. Enigma latino 2014.


O Bárcenas de Sicilia romano non tiña reparos en meter a man nos cartos alleos, ata que O Chícharo o desenmascarou.


De quen estamos a falar?

Envía a túa resposta antes da clase do xoves (BAC) ou venres (ESO) a gregofoz@gmail.com.

lunes, 24 de marzo de 2014

20. Enigma latino 2014.

Tremenda aventura in qua Sanchus tenuit tantum metum, ut aflojatus secretum muellem sui córporis, llenavit ambientem cuyusdam oloris, que non erat ámbar, náribus dómini Quijote.

Este fragmento pertence ao Quijote traducido  a unha especie de latín. 

Como se chama esta versión cómica do latín?
Por que recibe este nome?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves (BAC) ou venres (ESO).

20. Enigma grego 2014.



Que significa etimoloxicamente o nome deste simpático animal, a avestruz?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves (BAC) ou venres (ESO).

miércoles, 12 de marzo de 2014

domingo, 9 de marzo de 2014

Música romana




19. Enigma latino 20104.


En Hispania, sobre o Teixo, álzase unha das pontes máis impresionantes construídas polos romanos. 

1. Que ponte é e onde se atopa?
2. Que lonxitude ten?
3. Cando se construíu e quen foi o seu arquitecto?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves (BAC) ou venres (ESO).

19.Enigma grego. 2014

 Este curioso invento é obra dun dos maís grandes científicos da antigüidade.

1.Quen era o científico e en que consistía este invento?
2.Indica algún outro dos seus xeniais inventos.

 Envía a túa resposta antes da clase do xoves (1ºBAC) ou venres (4º ESO) a gregofoz@gmail.com

viernes, 28 de febrero de 2014

18. Enigma latino 2014




Ante diem XV Kalendas Martias celebrábase unha sonada festa en Roma, que algúns relacionan con outras celebracións que teñen lugar hoxe en día en Galicia.

 Como se chamaba a festa e en que consistía?
Con que festa actual pode relacionarse? 
Envía a túa resposta antes do venres a gregofozgmail.com

18.Enigma grego 2014.



  
No segundo día das festas que se celebraban en Atenas a fins de febreiro e comezos de marzo, tiña lugar un curioso concurso.

 En que consistía o concurso?
Como se chamaba o mes no que tiña lugar?

Envía a túa resposta antes da clase do xoves a gregofoz@gmail.com.

martes, 25 de febrero de 2014

17. Enigma grego 2014.


Un camión cargado de  ... μεταφορές


Que significa literalmente esa palabra grega?


                                                     De que fermoso lugar - é unha illa grega - procede o camión?

Envía a túa resposta antes da clase do xoves a gregofoz@gmail.com. 

17. Enigma latino 2014.


A filla de Tito Olio casou con todo un personaxe, que construíu a que seguramente foi a domus máis grande da antigüidade.

 Como se chamaba o personaxe?
E a súa casa?
Que dimensións tiña e que se conserva dela?

Envía a túa resposta antes do xoves (BAC) ou venres (ESO) a gregofoz@gmail.com.

lunes, 17 de febrero de 2014

16. Enigma latino 2014



Isto, evidentemente, non é un fígado pero ten algo que ver con él. Averíguao. O latín ten a solución.

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes do xoves .

16. Enigma grego 2014.



O nome deste macaco grego da lugar a moitas palabras na túa lingua.

 Busca algunha, explica o seu significado e envíaa a gregofoz@gmail.com antes do xoves (BAC) ou venres (ESO).

domingo, 9 de febrero de 2014

15. Enigma grego 2014.


A imaxe que ves e unha réplica dunha célebre estatua da antigüidade.

De que estatua? Onde estaba?
Quen a esculpiu e con que materiais?
En que edificio está a réplica que ves na imaxe? 

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.

15. Enigma latino 2014.


 A quen pertence esta cabeza?
Que altura tiña a estatua completa?
Onde se atopa?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves (Bac) ou venres (ESO).