viernes, 30 de enero de 2009

Etimoloxía da palabra músculo


MÚSCULO:
Ac. MUR(ratón) mus, muris(latín). Do latín musculus por vía popular muslo, con especialización nos músculos do muslo, membro curioso por excelencia.
Músculo: de "ratonciño", por comparación do movemento do músculo ó correr debaixo da pel co dun ratón que fuxe.


Kavafis (1863-1933)


Konstantinos Petrou Kavafis naceu e morreu en Alexandría (Exipto). Grecia, significou para él a patria do seu corazón, e o grego, a súa lingua poética.
Na súa poesía defínense tres etapas:
* a primeira, en Alexandría onde de rapaz comezou a estudar grego, e na que escribiu a maior parte da súa producción lírica.
* a segunda, en Constantinopla: onde reflectiu a obsesión e o desexo atormentadao, entre a aceptación e o rexeitamento da súa homosexualidade.
* a terceira: durante a súa etapa de madurez na que estivo entre Alexandría e o Continente Europeo.

Foi nestes anos onde definiu o seu estilo e a súa linguaxe.
Debido a súa homosexualidade quedou relegado a un segundo plano, ata que, a mediados do século XX foi restituído ó lugar ó que lle correspondía: entre os grandes da literatura grega Contemporánea.

A súa poesía fala de sentimentos, de amor prohibido, de amor non correspondido, de amor á beleza, da vida e da morte..

Soubo transmitir de forma sinxela os pensamentos máis íntimos da razón e os máis escondidos sentimentos do corazón ; mais ó mesmo tempo soubo perfilar o desasosego e a paixón, con pulso firme e mestría.

Tzatziki

Ingredientes:

Un pepino pequeno, pelado e raiado.
2 iogures "gregos")
1 - 2 dentes de allo raiados.
2 culleradas de aneto (heneldo)
2 culleradas de aceite de oliva virxe extra.
Sal.

Preparación:

Pela o pepino e sácalle a parte interior (as pébedas). Rállao ou córtao en trozos pequenos. Escúrreo ben para que saque a auga

Mistura nunha cunca o iogur e o pepino. Engádelle o allo raiado, aneto, aceite e sal e remóveo ben.

Gárdao no frigorífico ata que vaias consumilo, como mínimo durante 30 min. Espolvorea a mistura de iogur con un pouco de aneto antes de servila.

O tzatiziki sóese servir como entrante e acompáñase con pan, pero tamén é un bo acompañamento de carnes de topdo tipo.

A poesía máis coñecida de Kavafis

Ítaca

Cando comeces a túa viaxe a Ítaca
pide que o camiño sexa longo,
pleno de aventuras,pleno de experiencias.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
ao irado Poseidón non temas:
nunca atoparás criaturas tales na túa ruta
se mantés o teu pensamento elevado,se unha
selecta emoción o teu corpo e espíritu elimina.
Aos Lestrigóns e aos Ciclopes,
ao feroz Poseidón non acharás.
Non,se non é a túa alma a que os alberga;
non, se non é ela a que chos mostra.

Pide que o camiño sexa longo.
Que sexan moitas as mañás de estío
que-con que pracer e ledicia!-
te conduzan a portos nunca vistos;
detente ante os mercados fenicios
e adquire as mellores mercancías,
madreperlas,corais,ámbar e ébano,
e toda sorte de perfumes sensuais,
tanta variedade deles como atopes;
vai a moitas cidades de Exipto
e aprende canto poidas dos seus sabios.

E leva sempre Ítaca na túa mente.
Ela é a túa mente,o teu destino.
Mais non apresures nunca a túa viaxe.
É mellor que dura moitos anos
e recales na illa sendo vello,
rico de canto acadaches no camiño,
sen agardar que Ítaca te enriqueza.

Ítaca xa che deu tan fermosa viaxe.
Sen ela,nunca emprenderías o camiño.
Que máis pode ofrecerche?
E se a atopas pobre ,non é que Ítaca te enganase.
Sabio como serás e con tanta experiencia
ben comprenderás o significado das Ítacas.

Choriátiki Saláta (ensalada de horta)

*ingredientes: 2-3 tomates en dados
1 pepinillo en dados
1 cebola en aros
2 pementos verdes alongados en aros
olivas negras
200 gramos de queixo de ovella
alcaparras e ovo duro ( ó gusto)
aceite de oliva virxe.
vinagre
orégano
sal
pementa negra recén moída

** Aliña as hortalizas xa cortadas co vinagre, salpeméntaas e mistúraas ben. Adorna a ensalada cás olivas negras, o queixo de ovella, alcaparras e o ovo duro. Rocíao todo con aceite de oliva. Se queres, podes engadirlle unhas folliñas de perexil picado. Sírvea acompañada de pan branco tenro.

Aspasia




Cortesá nacida en Mileto, amante e logo muller de Pericles. Os inimigos deste acusarona de impiedade, pero el defendeuna e foi absolta polo Areçopago. Aristófanes satirizouna presentándoa como a principal inspiradora da política de Pericles. O seu exemplo impulsou un movento de emancipación feminina.

Orfeo


Orfeo era fillo do rei de Tracia e da musa Calíope. Apolo deulle unha lira e, cantando ó mesmo tempo, podía conmover a tódolos seres e cousas. Este talento valeulle en moitas das súas aventuras.

Este casouse con Eurídice, pero o día da súa voda, unha serpe velenosa mordeuna no talón, provocandolle unha morte prematura. Orfeo, invadido por unha enorme coita, decide baixar ó inframundo para pedirlle a Hades e a Perséfone que lle devolvesen á súa esposa. Valéndose da súa lira e mailo seu canto, logrou conmovelos ós dous e tamén a tódolos seres malignos do Tártaro.

Hades permitiu que Orfeo levase á súa amada, pero impuxolle unha condición: non podía mirar a Eurídice ata pasar as portas do mundo dos mortos. Pero movido polo amor que sentía por ela e a impaciencia, mirouna e esta esvaeceuse. Orfeo intentou voltar para buscar á súa muller, pero Caronte, ó que antes convencera para atravesar na súa barca a lagoa Estixia, non o deixou pasar. Estivo sen probar alimento algún ás orillas do lago sete días.

Entristecido, volta a Tracia e decide vivir no bosque, sen compañía de ningunha muller, polo recordo que nel suscitaba calquera muller. Isto enfureceu ás Ménades, que asasinaron a Orfeo a pedradas. Nun primeiro momento, os animais intentaron defendelo (xa que os apaciguaba coa súa música), pero acabaron por dar sepultura ás partes mutiladas del. Só a cabeza e a lira caeron ó río Hebro e chegaron á illa de Lesbos, onde enterraron a primeira e gardaron a segunda nun templo (isto explica que desa illa saíran magníficos poetas e cantores)

Dise que Orfeo, máis ben a súa alma, acabou por atopar á súa amada no Elíseo.
Por Nuria Seco e Eva Ramos

miércoles, 14 de enero de 2009

aRvAniTaKi




Eleftheria é unha estrela en Grecia, os seus concertos convocan moita xente.Comeza a súa carreira na Opisthodromiki Compania a principios dos anos 80. Fíxose a voz máis coñecida de toda a música rebetica que se desarrolla en Grecia, e a promotora e impulsora deste xénero descoñecido. Trátase dunha música que conten cancións de tradición folclórica que interpretaban os refuxiados de Asia Menor.Despois de deixar o grupo, Eleftheria comeza unha carreira en solitario que a fai a voz feminina máis prometedora do seu país, e a voz dos novos sentimentos ideais.Ten unhas grandes cualidades interpretativas e aproxímase a diferentes géneros musicales. Fixo moitas adaptacións, como a da canción "El Universo Sobre Mi” de Amaral, que tamén se converteu nun dos temas favoritos da audiencia grega!
XABARÍN
Procedente do árabe gabalî îd. , abreviación de himaîa gabalî (himeîz "porco", gabalî "montés"), derivada de gabal "montaña".