lunes, 27 de noviembre de 2017

O castigo de Heracles


Hera, ofendida polos excesos de Heracles, toleouno (…) Éste, tomando por inimigos a seis dos seus propios fillos, matounos e arroxou os seus corpos ao lume. Cando Heracles recobrou a razón encerrouse nunha habitación escura durante varios días, evitando toda comunicación con seres humanos e, despois de ser purificado polo rei Tespio, foi a Delfos, para preguntar que debía facer.

  A Pitonisa aconselloulle que residise en Tirinto, servise a Euristeo durante doce anos e realizase os traballos que lle impuxese, en compensación polo cal se lle concedería a inmortalidade. Ao oír isto, Heracles sumiuse nunha fonda desesperación, pois aborrecía servir a un home ao que consideraba moi inferior a el, pero temía opoñerse á vontade do seu pai Zeus. 

 Moitos amigos acudiron a consolalo  na súa angustia e, por fin, cando o transcurso do tempo aliviara algo a súa dor, púxose a disposición de Euristeo.

domingo, 26 de noviembre de 2017

10. Enigma grego 2017-18.


En grego moderno o viño denomínase krasí, "mestura".

Que se mesturaba co viño?
Como se denominaba ó viño en grego clásico e que palabras derivadas dese termo hai en galego?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do xoves.

10. Enigma latino 2017-18

 Que ten que ver o figo co fígado? 
Unha pista: ten que ver coa forma en que os romanos alimentaban ós ...gansos.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres.

domingo, 19 de noviembre de 2017

9. Enigma grego 2018-19



O billete que podes ver representa a un deus grego. Leva escrito o seu nome e o lugar onde ten o seu templo máis afamado.

Preguntas:

1. Como se chamaba esta  moeda grega, anterior ó euro? CantoS euros valería hoxe o billlete?
2. Que deus está representado no billete  e que templo aparece citado?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.

9. Enigma latino 2017-18.


  

Dúas cuestións relativas ós cartos:

1. Que relación ten co latín o inglés money?
2. De que palabra latina procede o termo diñeiro?

 Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com ou a comentarios.

domingo, 12 de noviembre de 2017

8. Enigma grego 2017-18.




Sócrates afronta con serenidade o seu fin.  

1. Que fin tivo "o máis xusto dos homes"?
2. Quen descrebe minuciosamente ese momento?

 Envía a túa resposta antes da clase do xoves a gregofoz@gmail.com ou a comentarios.

8. Enigma latino 2017-18



Foi o cabalo mellor tratado do mundo antigo, aínda que o seu dono, un emperador,  era un tipo pouco recomendable. 

Como se chamaba o cabalo e a quen pertencía?
Que coidados lle prodigaba o seu amo?

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres.

jueves, 9 de noviembre de 2017


Como se insulta en latín!



<script type="text/javascript" src="//cdn.playbuzz.com/widget/feed.js"></script> <div class="pb_feed" data-embed-by="372c95f7-92e8-4fe6-83c5-1412ed7a9e20" data-item="b9147f9d-9dbd-46d1-b4e2-be5376b9fa66"  ></div>

domingo, 5 de noviembre de 2017

7. Enigma latino 2017-18.

Con respecto á palabra salario, debes buscar: 

 1. De que termo provén esta palabra 
 2. Que relación ten cun momento da historia de Roma.

Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do venres .


7. Enigma grego 2017-18.




O mítico Ixión cometeu moitos erros na súa azarosa vida e Zeus castigouno con dureza para toda a eternidade. 

 Cal foi o crime e o castigo de Ixión?
 Cal foi o único momento de alivio que atopou Ixión no medio dos seus pesares?

 Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios  antes da clase do xoves.

O rapto de Europa.


 Zeus viu a Europa, princesa fenicia,  collendo flores coas súas doncelas á beira do mar e transformouse en touro para a seducir. A princesa, sen sospeitar nada, subiu sobre o seu lombo; o touro mergullouse de repente no mar e levouna cruzando as ondas ata Creta. Da súa unión naceron MinosRadamantis e Sarpedón.
 Radamantis, rei de Creta moi respectado pola súa prudencia, foi destronado por Minos, que para probar o seu dereito ao trono, coa axuda de Poseidón, fixo saír do mar un touro magnífico polo que Pasifae, a súa esposa, concibiu unha paixón culpable. O froito desta monstruosa relación foi o Minotauro. 

miércoles, 1 de noviembre de 2017

Bacharelato



Toponimia





Arquímedes e a coroa de loureiro





Compuesta por 313 follas e 68 landras de ouro, símbolo de Zeus, esta coroa, que presentaba signos de ter sido queimada, atopouse bdentro do  lárnax (caiaa funeraria) do rei Filipo II de Macedonia, pai de Alexandro Magno.