lunes, 18 de diciembre de 2017
domingo, 10 de diciembre de 2017
domingo, 3 de diciembre de 2017
lunes, 27 de noviembre de 2017
O castigo de Heracles
Hera, ofendida polos excesos de Heracles, toleouno (…) Éste, tomando por
inimigos a seis dos seus propios fillos, matounos e arroxou os seus corpos ao
lume. Cando Heracles recobrou a razón encerrouse nunha habitación escura
durante varios días, evitando toda comunicación con seres humanos e, despois de
ser purificado polo rei Tespio, foi a Delfos, para preguntar que debía facer.
A Pitonisa aconselloulle que
residise en Tirinto, servise a Euristeo durante doce anos e realizase os traballos que lle impuxese, en compensación polo cal se lle concedería a
inmortalidade. Ao oír isto, Heracles sumiuse nunha fonda desesperación, pois
aborrecía servir a un home ao que consideraba moi inferior a el, pero temía
opoñerse á vontade do seu pai Zeus.
Moitos amigos acudiron a consolalo na súa angustia e, por fin, cando o
transcurso do tempo aliviara algo a súa dor, púxose a disposición de Euristeo.
domingo, 26 de noviembre de 2017
domingo, 19 de noviembre de 2017
9. Enigma grego 2018-19
O billete que podes ver representa a un deus grego. Leva escrito o seu nome e o lugar onde ten o seu templo máis afamado.
Preguntas:
1. Como se chamaba esta moeda grega, anterior ó euro? CantoS euros valería hoxe o billlete?
2. Que deus está representado no billete e que templo aparece citado?
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com antes da clase do xoves.
9. Enigma latino 2017-18.
Dúas cuestións relativas ós cartos:
1. Que relación ten co latín o inglés money?
2. De que palabra latina procede o termo diñeiro?
Envía a túa resposta antes da clase do venres a gregofoz@gmail.com ou a comentarios.
domingo, 12 de noviembre de 2017
jueves, 9 de noviembre de 2017
domingo, 5 de noviembre de 2017
7. Enigma grego 2017-18.
O mítico Ixión cometeu moitos erros na súa azarosa vida e Zeus castigouno con dureza para toda a eternidade.
Cal foi o crime e o castigo de Ixión?
Cal foi o único momento de alivio que atopou Ixión no medio dos seus pesares?
Envía a túa resposta a gregofoz@gmail.com ou a comentarios antes da clase do xoves.
O rapto de Europa.
Zeus viu a Europa, princesa fenicia, collendo flores coas súas doncelas á beira do
mar e transformouse en touro para a seducir. A princesa, sen sospeitar nada,
subiu sobre o seu lombo; o touro mergullouse de repente no mar e levouna
cruzando as ondas ata Creta. Da súa unión naceron Minos, Radamantis e Sarpedón.
miércoles, 1 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















